Á ABORTAXE! Accións feministas polo dereito a decidir

As feministas da Corunha estamos a preparar para o venres 14 de xuño un dia de acción pirata na nosa cidade onde defenderemos con uñas e dentes os nosos dereitos e liberdades.
As piratas feministas xunto coas súas amigas, as meigas radioactivas, iremos polas rúas da cidade a rescatar a quen haxa que rescatar, a recuperar o cofre do tesouro, a lanzarnos á “abortaxe” contra o navío dos recortes, a sinalar coas nosas espadas aos culpabeis que ninguén se atreve a sinalar, a facer desaparecer todo símbolo que atente contra as mulleres. Non vai quedar títere con cabeza!!!!

O mércores 29 de maio no Café da Guiné teremos unha xuntanza pirata a que estades de xa convidadas.

Non faltedes e estade atenta para participar connosco o 14 de xuño.

🙂

8 de marzo non é un día…é toda unha vida!!

Festiva-acción dos feminismos da Crunha por volta do 8 de marzo “Día Internacional das Mulleres” mas indo alén da institucionalización do propio día.
Cando vemos como as institucións xogan cos nosos dereitos e nos dan premios por facer unha luita “calada” e “con ilusión”, cando se limita a nosa luita e a nosa visibilización a un día concreto no que todos participan menos as mulleres e onde se invisibiliza e mesmo criminaliza o feminismo mais unha vez…nese contexto nós dicemos que…o 8 de Marzo non é un día…é toda unha vida!!!

Faremos accións, actividades, encontros, propostas de diferentes formatos, perspectivas e sentires que durarán ata que nós queiramos.
Todas estades convidadas a facer a vosa proposta de acción e/ou reflexión que poderedes autoxestionar e compartir neste grupo e realizar en día e hora acordado durante o mes de marzo e mais alá se así o desexadedes.

Enviar propostas a cafesfeministas@gmail.com
Título – breve descripción – dia e hora – lugar – quen a autoxestiona

PROGRAMA

XUÑO

SÁBADO 18

Literatura e fotografia no Mentireiro. Adelaida e Mariola

Baile feminista, literatura e imaxe, educación popular, xornadas de economía feminista en Arteixo con Berce do Celme…

VENRES 21, SÁBADO 22 E DOMINGO 23

Xornadas Autoxestionadas de Economia Feminista no Berce do Celme en Arteixo

Venres 21

18h/19h: Obradoiro: Construcción de Alternativas ao Neoliberalismo

Berce do Celme: Qué pretendemos ser? Vison

Sábado 22

Qué é a Economia Feminista?

Acción de rúa no Feirón do Galo

tarde

Renda Básica das Iguais

Domingo 23

Maternidade Consciente

Autocoidado e organismos de saúde/mulher

XULLO

SÁBADO 6

18h00 :”Perto do Coração Selvagem” de Clarice Linspector. Organizado pelo Clube de Leitura Amálgama no Café da Guiné

“Liberdade é pouco. O que eu desejo ainda não tem nome.”

Participando na campanha feminista da Corunha “8 de março nom é um dia, é toda uma vida!” no Amálgama comentaremos o livro da feminista brasileira Clarice Linspector “Perto do Coração Selvagem”

 

 

 

 

PROXIMAMENTE….

Mulleres, política e sociedade na Coruña do século XXI – Xornada onde coñeceremos e visibilizaremos ás mulleres da Crunha, organizaremos un xantar comunitario e compartiremos perspectivas e propostas cara a reflexión e construcción dunha comunidade feminista na Corunha de hoxe en día.


ACTIVIDADES XA REALIZADAS

 VENRES 8 DE MARZO

12h15 : Gala PPremios 2013 “Fodidas e caladiñas pero con ilusión”

Mais fotos AQUI

20h00 : Concentración no Obelisco en apoio aos COFs da Coruña

Lectura dos 10 dereitos reprodutivos e sexuais a cargo de diversas mulleres da nosa comunidade

SÁBADO 9 DE MARZO

12h30 : Manifestación Feminista Galega em Compostela

Saímos desde a estación de trens de Compostela

A falar dos feminismos da Coruña na mani nacional en Compostela

LUNS 11 DE MARZO
18h00: Mesa redonda sobre os movementos feministas da cidade da Coruña na UDC

MÉRCORES 13 DE MARZO

19h30 : Café Feminista “Homes no feminismo…glups…ou viva?

No bar O Mentireiro, rua Beiramar, 12

SÁBADO 16 DE MARZO

22h00 : Palabra Falada Feminista

Poesia, creatividade e sorpresas no CS Gomes Gaioso, rúa Marconi, 9.

SÁBADO 23 DE MARZO

11h30 : Obradoiro de Fotografia para Mulleres : Contrapublicidade Feminista no Mentireiro

 

 

 

 

 

 

 

 

MÉRCORES 27 DE MARZO

23h: Maribingo “Carne o Peixe?” no Puticlú. Ana Talibana e Pía de Tolomei recuperan os bingos caseiros, engadíndolle contido crítico respecto ao xénero, humor, e grandes doses de emoción.

DOMINGO 31 DE MARZO

19h : Obradoiro de Teatro Express no CS Gomes Gaioso. Vagas limitadas. enviar email a cafesfeministas@gmail.com

 

XOVES 4 DE ABRIL

17 – 20 : Programa comunitario en CUAC Fm adicado á muller e á campaña “8 de marzo non é un día, é toda unha vida.”

Podes escoitar o programa completo facendo click no logo da Cuac

Programa especial “8 de marzo non é un día e toda unha vida” no que abordamos de xeito histórico o xurdimento do movemento feminista, cuestionamos a institucionalización desta data por parte dos poderes que ao tempo están a manter e reproducir as opresións e discriminacións.

Difundimos campañas e accións dos feminismos da Coruña neste 2013 e nos acompañaron mulleres que loitan, resisten e constrúen a través da música, da literatura, da defensa de reitos fundamentais a través dos servizos públicos, da xeración de propostas alternativas para o ben común e unha vida que mereza a pena ser vivida.

Gracias Maria Xosé Sival (Sés), Najda Shami, Uxía Senlle, Carla de Figueredo, Chuz Díaz, Vero (Berce do Celme) e Adelaida Vidal.

Seguide, que vos seguiremos.

 

DOMINGO 14 DE ABRIL

20h30: Café-proxección feminista sobre o tratamento sexista nos contos infantís. Visionado da curtametraxe documental “Aquest conte no s’ha acabat” e debate. Estará Leonor Sanchís, coautora da curta. No Mentireiro. Haberá pica-pica.

 

SÁBADO 20 DE ABRIL

11h00 – 18h30 : Cárceres de Mulheres. Obradoiro de fotografia para mulheres no Mentireiro. “As mulheres enfrentamo-nos a repressom da nossa liberdade física, psicológica, social e visual de crianças . Neste obradoiro imos explorar os espaços que nos destroem e tamém os que nos liberam através da reflexom e criatividade da imagem.”

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VENRES 26 DE ABRIL

22h00 : Festa Feminista no Patachín, rúa Beiramar


se queredes participar con algunha actividade lúdica festiva avisade con un pouquiño de antelación para organizarnos, queremos tamén celebrar esta festa con parte das actividades que fixemos durante estes meses, ademais contamos coa presencia de Teresa Da Praia e electroqueer para que bailedes toda a noite :

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SÁBADO 27 DE ABRIL

18h a 20h : Obradoiro de cartazes con Software Libre. 5€. Prazas limitadas. enviar email a cafesfeministas@gmail.com

 

MARTES 30

12h : Barillas Resiste!!

Acción feminista denunciando á compañia coruñesa Hidralia causante dun ano de sitio militar en Barillas no que violacións, asasinatos e represión militar ten asolado á poboación de Barillas. Liderarán as compañeiras de Guatemala

19h30 : Barillas Resiste!! no Mentireiro

Colóquio sobre a situación en Barillas e a creación de vínculos Guatemala-Galiza cara a construcción de estratexias de resistencia nas dúas beiras do Atlántico.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SÁBADO 18 DE MAIO

11h – 18h30 : MINI RETRATOS: Obradoiro de Fotografia para mulheres no Mentireiro

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SÁBADO 25 E DOMINGO 26 DE MAIO

16 – 20h : Obradoiro de Teatro da Oprimida (primeira parte). No CSO de Palavea

10h – 14h e 16h a 20h : Obradoiro de Teatro da Oprimida (segunda parte) no CSO de Palavea. Con xentador vegano.

 

 

 

Acções Feministas em defesa dos COFs (Centros de Orientaçom Familiar) da Corunha

Em resposta a decissom do SERGAS de prescindir da praza de xinecolóxia do Centro de Planeamento Familiar do Ventorrilho, as mulheres da Corunha mobilizamo-nos.

Os feminismos da Corunha e todas as pessoas interessadas reuniremo-nos esta sexta-feira 8 de fevereiro ás 10h no Centro de Saude e COF do Ventorrilho.

Faremos os cartazes e prepararemos a acçom para estar às 11h em frente do CS Ventorrilho e às 11h30 unirmo-nos à rolda de prensa coas trabalhadoras do COF e colectivos que as apoiamos.

Esperamoos-vos!!

e se non podes vir podes facer diferentes cousas para apoiar aos COF

*Apoiar as convocatorias, comunicados e accións organizadas polas profesionais dos COF do Ventorrilo e Montealto. Información estará disponibel nos propios centros e através da internete (facebook, twitter, etc) e medios de comunicación (prensa, radio, etc):

*Cubrir as follas de reclamacións (xenéricas ou específicas) disponibeis en calquera centro de saúde, de especialidades, atención primaria ou nos COF, demandando que se cubra a praza de xinecoloxia do Ventorrillo e se manteña o funcionamento habitual dos dous COFs da Coruña. È de obriga legal que estas sean contestadas nun prazo determinado

*Se tes certificado dixital poder facer a reclación on line sen necesidade de desplazarte a un centro de saúde
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=40093

*Chamar ao 010 se esás na Coruña e deixar constancia da túa queixa e demanda de que se manteña o COF do Ventorrillo xa que teñen que levar rexistro de todas as chamadas e informar a quen proceda.

*Demandar ao teu concello que se posicione en favor dos COF e esixan o mantemento do servizo do COF no Centro de Especialidades do Ventorrillo.
Deixar a túa queixa na páxina web do SERGAS, no apartado suxerencias http://www.sergas.es/Suxerencias/Suxerencias.aspx?IdPaxina=40091&seccion=0&sitio=SERGAS

*campaña firmas apoio COF change.org http://www.change.org/es/peticiones/al-servicio-galego-de-saude-sergas-que-se-cubra-la-plaza-de-ginec%C3%B3loga-o-del-cof-vac%C3%ADa-por-jubilaci%C3%B3n?utm_campaign=share&utm_medium=facebook&utm_source=share_petition

A lei de aborto no programa de radio “Meigas Radioactivas”

Carla e Giada falaron no programa de radio “Meigas Radioactivas” da CuacFM sobre a lei de aborto e as accións que feministas da Coruña levan organizado nos últimos meses. Desde pesquisas e investigación, saídas á rúa para debatir, reivindicar e apoiar outras iniciativas ata o traballo actual dunha guía para que as mulleres teñamos información real e así poder tomar as nosas propias decisións sobre ter ou non ter crianzas.

Aqui información e audio das Meigas Radioactivas

Espazo feminista nas ondas radiofónicas onde xuntarnos, aprender, compartir e reflexionar. Xoves (cada dúas semanas) de 17 a 19h en Cuac Fm (103.4 | cuacfm.org).

Hoxe fixemos unha análise sobre a Lei do aborto e charlamos sobre o dereito a decidir libremente nos nosos corpos, xunto con Mabel (plataforma “Nosotras decidimos”) e Lola Ferreiro, obrigadas a elas e tamén a Giada e Carla, ás que agardamos para vindeiros programas! Podes voltar a escoitar o programa co resto de contidos mañá, venres, de 08h a 10h da mañá.

 

Roteiro reivindicativo e concentración para o “Día Internacional pola Despenalización do Aborto”

Para o venres 28 de Setembro “Día Internacional pola Despenalización do Aborto” temos un convite ás 19h na Praza de Maria Pita cos feminismos corunheses, e ás 20h no Obelisco concentración coa Plataforma Galega en Defensa dos Dereitos Sexuais e Reprodutivos “Decidir fainos libres”. Únete a nós e defende os teus direitos!!!

Fai click no logo da Plataforma Decidir fainos libres para obter mais información e ler o manifesto

Un Observatorio Feminista de Saúde na Coruña?

Un grupo de mulleres decidimos xuntarnos para actuar sobre as inxustizas que consideramos estamos a sofrir as mulleres no sector da saúde.

No primeiro encontro, que tivo lugar en Maio de 2012, falamos de partos, embarazos, abortos, lactancias, maternidades subxetivas e/ou sociais, sobre a saúde reproductiva, a inexistencia da saúde sexual, das ferramentas de autodefensa ante agresións do sistema sanitario por acción ou omisión e por suposto sobre a sáude psíquica, social…

…en fin…qué cómo é que estamos vivas?? pura rebeldía e desafío ao sistema?? E sí vivimos máis que os homes pero sabemos que en peores condicións. As nosas necesidades e diversidade non son escoitadas e isto acontece en todos os momentos da nosa vida tanto biolóxica como emocional. Cuestiónase a veracidade das nosas doenzas ou dópasenos por vida, o que é terribel. Por non falar do noso papel na sáude integral dos demáis , do benestar psíquico, físico dos que nos rodean…a costa de qué??

Por todo isto acordamos por un lado crear unha ferramenta online que nos permitise facer de «observatorio» local de mulleres e saúde, a través da que difundir dereitos, prácticas saúdabeis, ferramentas de autodefensa e para visibilizar as violencias e violentos que estamos a soportar en silencio moitas veces. E por outro lado centranos na Coruña e comarca para facilitar os encontros físicos e accións directas entre nós e todas as que se queiran unir e aportar a súa perspectiva, experiencia e propostas sobre este tema.

Con moita ilusión iniciamos este Observatorio Feminista da Saúde ao que lle iremos dando forma progresivamente coas aportacións de todas e dando resposta ás necesidades que vaian surxindo.

Neste momento centrándonos nos dereitos reprodutivos e sexuais das mulleres participando na «campaña» dos diversos feminismos da Coruña «Sí á vida! Sí ao aborto! Institucións fóra do meu corpo!»